Unha suxestión: A parella de romaneses: Elizabeth Sagan e James Trevino constrúen arte con libros.
Un outro blogue en galego de Wordpress
Unha suxestión: A parella de romaneses: Elizabeth Sagan e James Trevino constrúen arte con libros.
Alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO que cursan Seccións Bilingües de Música e de Tecnoloxía
Pulse aquí para ver fotos da viaxe
Pulse aquí para ver vídeo
Alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO do IES Lucus Augusti, que cursan Seccións Bilingües de Música e de Tecnoloxía, realizaron a finais de marzo unha viaxe de estudos a Londres, onde tiveron a oportunidade de coñecer lugares emblemáticos da capital británica, como o Parlamento, Buckingham Palace, Piccadilly Circus, Trafalgar Square, Covent Garden ou Hyde Park. Tamén visitaron o Museo Británico, o Museo de Ciencia e Tecnoloxía, o Museo de Ciencias Naturais e a National Gallery. Na igrexa anglicana de St. Martin in the Fields asistiron a un concerto en conmemoración do Día Mundial da Auga, interpretado polo prestixioso coro de St. Martin’s Voices.
Alumnos de 1º de Bacharelato
Os alumnos de 1º de BAC realizaron entre os días 16 e 23 de marzo unha viaxe cultural a Italia visitando as cidade de Venecia, Lido de Jisolo, Florencia, Montecatini, Pisa, Siena e Roma
Pulse aquí para ver fotos de Venecia
Pulse aquí para ver fotos de Pisa
Pulse aquí para ver fotos de Florencia
Pulse aquí para ver fotos de Montecatini
Pulse aquí para ver fotos de Siena
Pulse aquí para ver fotos de Roma
Pulse aquí para ver outras fotos
Alumnos de 4º de ESO e 1º de BAC
Pulse aquí para ver fotos
Os alumnos de 4º de ESO e 1º de BAC realizaron unha viaxe a París a semana anterior á Semana Santa na que visitaron na capital francesa a catedral de Notre Dame, a Sainte Chapelle, o Pantheon, o Palais Royal incluíndo os xardíns, o Arc du Triomphe, l’Opéra, a Tour Eiffel, así como o Orsay, Place Vasgues e o Hard Rock París.
Tamén fixeron pequenos desprazamentos para visitar o Palais de Versailles e Disneyland Paris.
Os alumnos do IES Lucus Augusti realizaron un intercambio con alumnos de Alemania no que visitaron as cidades de Leipzig e Berlín.
Fixeron tamén visitas ao Völki e ao Bundestag puidendo contemplar unha obra de teatro e logo participar na festa de despedida que lles dispensaron os alumnos alemanes.
Pulse aquí para ver fotos
O día 30 de novembro de 2017 o Instituto Lucus Augusti de Lugo celebrou o seu 175 aniversario logo de ter sido fundado en 1842. A súa primeira sé foi o Seminario Conciliar de Lugo, hoxe edificio que alberga o Colexio dos Franciscanos. Foi pasando por distintas sés como o Colexio Compañía de Monforte, a Casa do Concello de Lugo, o edificio da Deputación Provincial, ata que definitivamente, no ano 1951, ocupou o actual edificio da Avda. Rodríguez Mourelo.
Ao longo da xornada foronse sucedendo diversas actividades para celebra-la efemérides.O colofón púxoo unha charla-coloquio coa presencia de diversas autoridades da política e da cultura.
– Para ver as fotos da perfomance “175 Anos Tendendo Cultura” pulse aquí
– Para ver as fotos da piñata pulse aquí
– Para ver as fotos sacadas pola mañán no photocall pulse aquí
– Para ver as fotos sacadas pola mañán coa figura do catedrático pulse aquí
– Para ver as fotos sacadas pola tarde no photocall pulse aquí
– Para ver as fotos sacadas pola tarde coa figura do catedrático pulse aquí
– Para ver as fotos da charla-coloquio pulse aquí
175 ANIVERSARIO
CONCURSO DE MARCAPÁXINAS
O Instituto convocou un concurso de marcapáxinas adicado ao 175 aniversario. Houbo unha gran participación que llo puxo realmente difícil ao xurado encargado de falla-lo premio.
Resultou gañador YAGO RIVAS PANADERO cun resume da historia das sedes onde estivo en funcionamento o centro ata a actual na Avda. Rodríguez Mourelo facendo fincapé nas datas nas que funcionou en cada edificio. O reverso está adicado a tódolos anos transcorridos desde a súa fundación ata o ano actual. Noraboa a Yago que en breve recibirá o seu premio consistente nunha tablet e diploma.
Proba da gran participación foi a cantidade de finalistas que houbo na mesma. Todos levarán un diploma de lembranza da súa participación.
Na película que segue a este texto podemos contemplar tódolos traballos finalistas así como, por suposto, o gañador.
Xa levamos uns días dun novo curso e dende o espazo da Biblioteca queriamos aproveitar para vos da-la benvida. Especialmente a todos aqueles que entrades por primeira vez no noso centro e estes días estades a pasar pola Biblioteca para falar do carné, dos servizos e dos recursos que se ofertan a través dela.
Esperamos que sexan proveitosos e que participedes nas actividades que este ano se despregarán para celebrar o 175 aniversario do noso centro.
A piques de chegármonos á fin do curso chega o momento de ir facendo balance. Moitas actividades foron as realizadas neste curso, mais para vos ofrecer, aínda, un mellor servizo, deseñamos unha sinxela enquisa para que, anonimamente, se queres, nos fagas chegar as túas suxestións e puntúes o realizado ata este momento.
Os usuarios son a parte máis importante de todo este proceso que comezou hai pouco tempo; e os usuarios deben colaborar, participar, aprender, suxerir e, mesmo, avaliar. Para poder facer isto último tan só debes premer na imaxe que está aí abaixo e cando saia o cuestionario -tardarás menos de dous minutos- ler os enunciados e picar na puntuación que che pareza mellor. A nós vainos servir para comezar o vindeiro curso, con máis folgos e máis ideas. No derradeiro apartado, podes engadir o comentario que che pareza: o que che parece ben, o que é mellorable, ou mesmo, suxestións de compras para o vindeiro curso.
Ánimo e a participar. Grazas. E feliz verán..
A nosa noraboa polos resultados obtidos aos alumnos e alumnas que cursaron 2º de BAC neste Instituto e que se presentaron ás probas ABAU
© 2021 bibliolucus
Theme by Anders Noren — Up ↑
Comentarios recentes