Un outro blogue en galego de Wordpress

Categoría: Sen clasificar (Páxina 2 de 3)

Venres nas librarías

Comeza xa, de novo, unha nova edición do programa “Venres nas librarías” que hai xa uns anos promoven a Consellería de Educación e Cultura e maila de Economía e Facenda xunto coa Asociación Galega de Editores (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia.

Como no ano anterior, un feixe de librarías do país (17 librarías das 4 provincias), que os venres, dende mañá até o 28 de novembro, porán en contacto a autoras e autores galegos que publicaron no último ano cos seus lectores. Hai máis de 80 actos: venres nas libreríascharlas, debates, presentación, música e todo aquilo que sirva para crear rede e coñecemento, dun xeito lúdico e informal. E tras un tempo de descanso, continuará unha nova xeira en febreiro e marzo do 2016.

Como novidade, este ano amplíanse os contactos tamén ao sábados polas mañás, nos que os protagonistas serán os cativos.

A maiores, como complemento, crean o concurso “Andel do Agasallo”,  no que se trata de adiviñar cal é o libro do que se dan as pistas. Os gañadores recibirán como agasallo ese libro que hai que atopar.

Para participar hai que facelo a través das redes sociais. Ben seguir a conta de Twitter @conscultura co hashtag #andeldoagasallo; ou a través do Facebook (www.facebook.com/CulturaGalegaXunta).

Ánimo e a participar.

 

 

 

 

 

Charlie Hebdo.

Mal comezo de ano. Voltamos das vacacións co corpo raro a causa dos sucesos ocorridos en París. Un atentado terrorista que asasina unha ducia de persoas entre policías e redactores do semanario satírico francés “Charlie Hebdo“. En momentos tan terribles como estes, os que sobreviviron pensan continuar co semanario para evitar que a violencia venza á liberdade de expresión. O vindeiro mércores voltarán, máis unha vez, a ser fieis á cita cos seus lectores. É unha cuestión de principios. É unha cuestión de dereitos.

 charlie hebdo

Noutros momentos, temos realizado exposicións a prol da defensa dos dereitos humanos e, quizais, alguén puido pensar que eran problemas alleos, doutras persoas, porque en Occidente ou en Europa non temos nada que temer. Hoxe, pódese ver que esta visión é moi reducionista. Todos vivimos nesta nave espacial chamada Terra e, queiramos ou non, máis cedo ou máis tarde, vémonos afectados polo que pasa na outra punta do planeta.

O perigo é que ese tópico tan espallado, sobre todo, polo cine estadounidense, de que musulmán=terrorista vaia coaiando nas nosas ideas. O perigo é que en Francia, ou en España, os oportunistas promocionen teorías xenófobas ou mesmo racistas. En Francia hai máis de 5 millóns de musulmáns en España máis dun millón. Un dos policías asasinado cando estaba ferido no chan, tamén era musulmán. A muller dun dos redactores asasinados da revista tamén é musulmá e orixinaria de Alxeria. E no mundo árabe, tamén se están a producir reaccións de repulsa contra o asasinato. E, nalgún caso, como o que vos presentamos a continuación, empregando os mesmos instrumentos que os asasinados: as viñetas. Premendo na imaxe, pódese ver na folla da “Fundación Al Fanar“, un feixe de viñetas publicada o mesmo día 8 en periódicos e revistas de Marrocos, de Exipto, de Alxeria ou de Palestina.

anuar

Finalmente, queremos dende este recuncho do planeta, facer chegar a nosa solidariedade a amigos e familiares das vítimas.

O Festival

Chegamos ao final do trimestre, e nada mellor que amosar unhas imaxes do Festival e da decoración propia destas datas, que foi realizada con materiais reciclábeis e que está exposta no noso vestíbulo.

Felices Festas…….e a coller forzas para a volta.

Xogos de inverno: unha ocasión para a tolerancia

En días anteriores víamos imaxes nas diferentes cadeas de televisión, que facían alusión aos vindeiros campionatos deportivos na cidade rusa de Sochi. Aparecían tamén declaracións do alcalde con argumentos tan curiosos como: “os homosexuais serán admitidos na cidade sempre que respecten as leis“. Igualmente o presidente de Rusia, Vladímir Putin, declaraba que os homosexuais serán benvidos sempre que “deixen sós aos rapaces”. Igualmente, nunhas declaracións recentes, tamén, a actual campiona mundial de salto pértiga actualmente retirada -Ielena Isinbáieva- xustificaba como podía o seu apoio á política homófoba do seu país. E tampouco hai moito tempo, unha dirixente política española encerellábase toda tratando de argumentar que homes e mulleres somos diferentes en non é ben a súa mestura.

Fronte a isto, salientamos que hoxe no buscador de Google pódese ver nun doodle a súa particular homenaxe crítica a este tipo de conductas, que supón unha chamada á tolerancia. E como quizais non durará máis que o día de hoxe, nós apuntámonos tamén a esta declaración (hai poucos días esparexiamos polo noso instituto os artigos dos “dereitos humanos” no que se indicaba que “tódalas persoas somos iguais en dereitos”) e por iso temos unha captura de pantalla para que permaneza no tempo esta chamada contra a discriminación e a prol da tolerancia.

 

 

Presentación dun libro de Marina Mayoral

O vindeiro xoves, 14 de novembro, haberá na Librería Biblos, unha charla-coloquio coa escritora de Mondoñedo, Marina Mayoral. A autora que é profesora na Universidade Complutense de Madrid, é unha das autoras máis lidas en lingua galega. O motivo da charla é a presentación do seu novo libroAmor e sexo aos 13 anos: O anxo de Eva“.

O argumento é o seguinte:

Unha nena moi lista, un mozo belísimo con ás de anxo, unha nai abrumada e abrumante, un pai engaiolador e un tanto viraventos, unha amiga que lle está aprendendo a bicar con lingua, un irmán ateo, unha avoa que fala co marido morto. Un ático fronte ao mar e longas e cálidas noites dun verán no que a nena comeza a ser muller...”.

Para ampliar a información, tamén pódese botar unha ollada ao seguinte video, onde a autora fala da súa obra e comenta os personaxes que aparecen.

9 de maio: Folga xeral no ensino

Como é coñecido, o vindeiro xoves 9 de maio está convocada unha folga xeral no ensino público. É a primeira vez que se produce a confluencia da maior parte das organizacións sindicais que representan amplamente aos ensinantes, varias organizacións estudantís e as principais organizacións representantes das ANPAS do Estado, incluídas FAPACEL e CONFAPA Galicia.

As reivindicacións fundamentais son o remate dos recurtes sufridos polo ensino público e o contido do proxecto Lei Orgánica de Mellora da Cualidade da Educación (a LOMCE, tamén coñecida como lei Wert). Para poderes te informar máis amplamente, podes consultar as seguintes ligazóns nas que algunhas das organizacións convocantes dan as súas razóns: 

 

Novo curso

Por fin comezamos co novo curso. A parte dos atrancos propios do momento, este ano comezamos coa apertura da Biblioteca un pouco máis tarde porque, como moitos de vós vistes, cambiamos o solo da Biblioteca.

Foi unha obra algo complicada de máis pois quixemos manter o pavimento anterior e iso provocou unha demora algo superior á prevista. De tódolos xeitos, por fin abrimos a Biblioteca e agora xa ten o movemento usual. Durante este curso, temos ambiciosos obxectivos que tentaremos levar a cabo o máis axiña posible. Adiántovos algúns deles. En primeiro lugar, cambiaremos os carnés para facelos máis aparentes e prácticos e, sobre todo, duradeiros. Tamén estamos a modificar o blogue para facelo máis claro e que dea máis servizo. Outro cambio é que temos unha nova localización para as lecturas obrigatorias que xa está a funcionar e tamén estamos en proceso de adquisición de novos fondos tanto de DVD’s como de Banda Deseñada, que son dos que andamos máis escasos. Tamén esperamos suxestións para a adquisicións de lecturas. Algúns profesores xa nos fixeron as súas e agora esperamos as do alumnado. E tamén xa están a comezar diversas actividades e concursos, nos que esperamos a vosa participación En fin, son bastantes cousas, das que pouco a pouco iremos dando noticia.

Centenario de Celso Emilio Ferreiro

Cando se cumpren 100 anos do nacemento dun dos poetas máis relevantes da nosa literatura, Celso Emilio Ferreiro, aquí está a nosa particular homenaxe na que un feixe de alumnos participaron no programa “O son da nosa fala” da Cadena SER, levando a cabo unha lectura de poemas do poeta celanovés.

Coas fotos recollidas durante o acto, fixemos esta pequena montaxe, acompañada dos primeiros versos do poema “Longa noite de pedra“, na voz de Elena Jorreto. Nos créditos tendes unhas ligazóns por se queredes máis infomación.

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/04/Celso-Emilio-Ferreiro1.swf” width=”500″ height=”400″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]

Vantaxes dos medios tradicionais.

Navegando pola rede, vimos un vídeo curioso no que se publicita un periódico de papel. Nel destacábanse as vantaxes do xornal de papel fronte a un modernísimo iPad. Efectivamente, cando se está en periodos de cambio, sempre hai algo que se gaña e algo que se perde. Poucos placeres hai como toma-lo almorzo polas mañás botándolle unha ollada ao periódico. Claro que tamén hai outros usos nos que polo de agora o iPad non da suficiente satisfacción, como se pode comprobar nas seguintes imaxes. Que opinades?

A cultura castrexa

Este domingo e o vindeiro luns, no Canal Historia, ha ofrecerse un documental no que se establecen comparacións e relacións entre diversas áreas do mundo céltico, en concreto entre a cultura castrexa -que é o xeito que adopta aquí, na Galiza, o celtismo- e as formas célticas de Irlanda, Escocia e Inglaterra. Aquí tes unha breve sinopse do documental.

Retrocedemos en la historia a la época megalítica y comparamos los asentamientos gallegos con los de Inglaterra, Irlanda y Escocia, deteniéndonos especialmente en Stonehenge. Dólmenes, túmulos y estelas nos muestran la evolución de los primerospobladores gallegos. La ascendencia celta fue determinante en la cultura castreña. Avanzamos en la historia a través de los castros fortificados influenciados por las migraciones del sur, de pueblos mediterráneos como fenicios y tartesos. Planos aéreos y mapas animados nos mostrarán el territorio que habitaron. Mediante recreaciones en 3D y puestas en escena con figurantes y actores iremos definiendo como era su vida, en qué dioses creían y a qué enemigos se enfrentaban. La época de la romanización nos ha dejado muestras del arte castreño que desvelan los rasgos más determinantes de su existencia. Esculturas líticas que nos hablan de guerreros, joyas de orfebrería que demuestran el grado de refinamiento al que llegaron y piezas de cerámica -cuya iconografía nos permite saber de sus usos cotidianos. Pese a su resistencia armada contra el imperio romano, los castreños fueron absorbidos y romanizados como tantos otros pueblos, pero su singularidad perduró en el tiempo“.

Coma sempre, será ofrecido en diferentes momentos, que son os seguintes: Domingo 6 ás 17:00, Luns 7 á 01:00 e ás 09:00 e se aínda así tampouco o podes ver, será unha boa excusa para pór a funcionar o gravador.

« Entradas anteriores Entradas seguintes »

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz