Un outro blogue en galego de Wordpress

Categoría: Día das Letras (Páxina 2 de 2)

Apoiamos .gal

Hai moito tempo que colacamos, na parte inferior, do blogue un banner de apoio á asociación PuntoGal. En xullo do ano pasado, o ICANN (o organismo que decide / crea / permite) os dominios da Internet, daba paso á creación do dominio .gal de xeito definitivo e reservaba, nunha primeira fase, un feixe de dominios para institucións. Dende aquela non quedaron quietos, e para conmemorar o Día das Letras xa aparecen un feixe de empresas que ofrecen a contratación do dominio, cunha promoción durante este mes, a metade de prezo.

Hoxe, a Xunta anuncia que, progresivamente, todos os seus dominios iranse trasladando ao .gal de xeito progresivo. Xa hai máis de 2.000 dominios. O do noso IES é un deles.

ieslucus-gal

Día das Letras 2012- Valentín Paz Andrade

Despois de navegar un pouquiño na rede, realizamos unha escolma con materiais para traballar a figura de Valentín Paz Andrade, autor a quen se lle adica este ano o Día das Letras.

O CEIP Condesa de Fenosa propón este xogo de preguntas e respostas sobre o Día das Letras Galegas que traza un itinerario dende a súa xénese ata os nosos días. Dous xogadores poden poñer a proba os seus coñecementos competindo dunha maneira lúdica e didáctica. A xogar!
Webquest do IES de Fene sobre a figura, vida e obra de Valentín Paz Andrade, para a ESO. 
Ligazón directa ao artigo biográfico da Galipedia sobre de Valentín Paz Andrade.
A Coordinadora de ENDL ofrece este mapa conceptual en formato pdf, para poder facer una resumo rápido da súa relevancia como persoeiro fundamental da vida galega na súa época. Atende sobre todo ó seu labor como empresario e político.
Caderno de aula, en formato pdf, que inclúe biografía, bibliografía, escolma poética e actividades sobre a vida e a obra do autor. Autoría: rogosece

Liña do tempo sobre os feitos máis relevantes da vida de Valentín Paz Andrade, fornecida polo IES San Paio de Tui.
Outra webquest, neste caso dende o IES “Ribeira do Louro” d’O Porriño; para 2º ciclo da ESO e 1ºBAC.

_________________________________________

Con todo isto, xa hai material abondo para poder traballar a súa importante figura. Damos as grazas os centros e os seus profes por compartir todo isto  que ten unha enorme calidade. Que os disfrutedes.

Lois Pereiro-2

A través do “Caderno da lingua“, un dos blogues máis innovadores de Lingua Galega, vimos un video-documental sobre Lois Pereiro no que amigos, e persoas que compartiron con el moitas situacións, falan do seu valor como poeta e do seu percorrido vital. Como curiosidade, cabe engadir que tamén aparece Xosé Manuel Pereiro, irmán de Lois, actual Presidente do Xornalistas de Galicia, e periodista colaborador en “El País”. Tamén aparecen Antón Losada, periodista tamén coñecido, e Menchu Lamas e Antón Patiño -quizais os artistas galegos máis recoñecidos internacionalmente-, entre outros.

O vídeo titúlase “As armas da paixón“, dura uns 15 minutos e está realmente ben. É unha achega máis a este autor.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/qxFIs2z_dsw" width="500" height="400" wmode="transparent" /]

Día das Letras Galegas 2011

pereiroO vindeiro maio, no Día das Letras Galegas conmemórase a obra de Lois Pereiro. É un autor “raro” neste tipo de conmemoracións porque non remeda a figura do gran autor literario senón a sombra do “maldito”, figura literaria e vital que en todas as literaturas amosa un certo interese. Tamén é chamado “moderno” e, mesmo, poeta “punki”. Sen dúbida, non é un autor como o dos anos anteriores. Morreu moi novo despois de levar unha vida rápida e intensa, razón pola cal a súa obra é bastante escasa.

Os de Algueirada, que tamén manteñen a plataforma de Blogaliza, onde estamos nós, veñen de crear un blogue adicado á súa figura onde pretenden centralizar toda a información que se vaia producino durante este ano: lecturas, obras, xornadas, conferencias, exposicións….  sobre a súa figura. O enderezo é o seguinte: http://loispereiro.blogaliza.org.

Se queres coñecer máis sobre a figura de Lois  Pereiro, velaí tes unha boa fonte de iniciación. De cando en vez, nós tamén iremos lembrando algunha noticia relevante.

Día das Letras 2010-2

Para conmemorar a Uxío Novoneyra, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística recolle na súa web, unha morea de ligazóns con materiais de todo tipo sobre o poeta e organizadas por etapas educativas. Se queres botar unha ollada,  preme na ligazón ou na imaxe.

A maiores, presentamos un fragmento de vídeo de Youtube, no que Uxío Novoneyra declama, coma se fose o bardo dunha tribo castrexa, un poema titulado “Vietnam canto“. É a súa voz e o seu poema.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/cGBHtVirQyQ" width="500" height="400" wmode="transparent" /]

Por outra banda, unha asociación de amigos do escritor, presenta unha web onde ademais de información, fotos e diversos documentos, centralizan os actos de homenaxe destes días nos que, como ocorre tantas veces, o apoio oficial “brilla por su ausencia“.

Día das Letras 2010

Hoxe, tráigovos unha presentación realizada polo Equipo de Normalización Lingüística do CPI Progreso de Catoira que ten como protagonista a Uxío Novoneyra que, como sabedes é o autor que se conmemora o “Día das Letras”. Visualmente é moi atractivo e curiosos. Que opinas?

[kml_flashembed movie="http://www.slideboom.com/player/player.swf?id_resource=165629" width="500" height="400" name="onlinePlayer" type="application/x-shockwave-flash"" width="500" height="400" wmode="transparent" /]


Entradas seguintes »

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz