Un outro blogue en galego de Wordpress

Categoría: Curso 2016-2017 (Páxina 2 de 4)

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

8 de MARZO – DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

 

 

 

 

O pasado 8 de marzo quixemos celebrar o Día da Muller Traballadora dun xeito diferente. O grupo Femininoplural (Silvia Penide e Carla López) interpretou cancións que escribiron  mulleres pero que foron versionadas por homes.

FEMININOPLURAL xorde da necesidade de amosar o importante percorrido de diversas mulleres autoras no transcurso da historia da humanidade. Trátase de dar visibilidade e relevancia absoluta á figura da muller autora, que moitas veces permaneceu nun segundo plano.

O percorrido dá comezo coa figura de Clara Schumann para seguir con Violeta Parra, Guadi Galego e Consuelo Velázquez entre outras. Unha viaxe que anima a desfrutar, valorar e aplaudir as nosas autoras universais.

Preme aqui ou sobre a imaxe para ve-las fotos do acto.

Fálame da emigración…

Na semana anterior ao Entroido, por intermediación da Fundación Abanca, houbo unha bonita actividade na que un feixe de persoas maiores que tiñan como característica común que todos foran emigrantes, viñeron contar as súas experiencias aos nosos alumnos.

A actividade desenvolveuse por medio dun vídeo que serviu de introdución e para centrar a charla posterior. Aquí tedes unha pequena escolma de imaxes da actividade que, sen dúbida, foi moi gratificante para todos: alumnos e maiores.

24 de febreiro- Día de Rosalía

De novo, este día 24 chegamos ao Día de Rosalía. Nesta ocasión cúmprese o 180 aniversario do seu nacemento.

diaderosaliadecastro-2017-1A conmemoración apoiada pola AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) chama a agasallar cun libro e unha rosa e levar a cabo actos que lembren á nosa escritora nacional.

Entre os actos conmemorativos a celebrar podemos destacar que a Deputación de Lugo  agasallará os-as visitantes dos 4 museos da provincia, Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, San Paio de Narla, e do Mar, e aos da Capela de Santa María cunha lámina co poema “Adiós ríos, adiós fontes” e unha rosa.

A ilustración de Rosalía de Castro é de Noemí López Vázquez e pertence a colección da exposición do Centro de Artesanía e Deseño “Imaxinando Cantares Gallegos”. A lámina  é esta

210217-ilustracion-rosalia

VIAXE A ATAPUERCA – Alumnos/as de 1º de BAC

atapuerca

 

 


 

Os alumnos de 1º de BAC viaxaron os días 20 e 21 de marzo a Burgos para visitar Atapuerca, nunha saída organizada polo Departamento de Filosofía.

O primeiro día coñeceron León, Carrión dos Condes e a cidade de Burgos onde pernoctaron. O día 21 estivo adicado á visita do Museo da Evolución Humana para, de seguido, proceder ao obxectivo principal da viaxe: a visita ao xacemento de Atapuerca.

Ao remate desta visita tocou o intre de retornar ao punto de partida. Noraboa a tódolos rapaces e rapazas polo seu comportamento.

Para ve-las fotos da saída, preme aquí ou sobre a imaxe.

Presentación dun poemario do presidente da RAG na Libraría Biblos

Ola a tod@s! O vindeiro xoves, día 23, na libraría Biblos e en colaboración coa editorial Xerais farase a presentación do libro de poesía de Xesús Alonso Montero (presidente da RAG): ” VERSOS DUN FISTOR REPUBLICANO, MARXISTA, ATEO E UN POUCO EPICÚREO”.

Contará na presentación coa inestimable presenza de Claudio Rodríguez Fer e tamén de Manuel Bragado, en representación da editorial Xerais, na que será seguro unha obra poética de referenza e lembranzas para moita xente.

Velaí téde-lo cartel do acto. presentacion-versos-dun-fistor-correo

 

A LANTERNA MÁXICA

Para acceder ao CATÁLOGO DE COLECCIÓNS prema aquí, na fotografía ou no menú A LANTERNA MÁXICA situado na parte superior desta páxina
lanterna-maxica

Por ese nome era coñecido o epidiascopio, antecedente do proxector de diapositivas. A imaxe superior corresponde con un dos que posúe o IES LUCUS AUGUSTI; neste caso funcionaba cunha lámpada de aceite. O centro conta tamén cunha colección de arredor de mil placas de cristal (antecedente das diapositivas) empregadas no devandito proxector.
A Biblioteca do instituto, a través da páxina web do centro (www.ieslucus.gal/centros/ieslucusaugusti) e deste blogue da propia biblioteca quere dar a coñecer a dixitalización de tódalas placas. Algunhas están en mal estado pero polo seu interese tamén foron incluídas.
Ao remate das coleccións incluímos un conxunto de negativos e positivos en cristal. Os positivos en tono azulado foron conseguidos coa manipulación en Photoshop para, deste xeito,  poder contempla-la imaxe negativizada.

 

LAS NACIONALIDADES

cabeceira

A Biblioteca do IES LUCUS AUGUSTI publica a dixitalización da revista LAS NACIONALIDADES que iniciou a súa andaina o día 20 de novembro de 1880. A colección de exemplares que posúe o centro chega ata o número 51, carecendo dos número 6, 9, 25, 26, 45 e 49.

Pódese consultar  tanto na web do Instituto (http://ieslucus.gal) como neste blog.

Para acceder ás revistas pica aquí, na imaxe superior ou ben no menú BIBLIOTECA VIRTUAL situado na barra superior .

 

 

« Entradas anteriores Entradas seguintes »

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz