Un outro blogue en galego de Wordpress

Categoría: Curso 2014-2015 (Páxina 2 de 5)

Apoiamos .gal

Hai moito tempo que colacamos, na parte inferior, do blogue un banner de apoio á asociación PuntoGal. En xullo do ano pasado, o ICANN (o organismo que decide / crea / permite) os dominios da Internet, daba paso á creación do dominio .gal de xeito definitivo e reservaba, nunha primeira fase, un feixe de dominios para institucións. Dende aquela non quedaron quietos, e para conmemorar o Día das Letras xa aparecen un feixe de empresas que ofrecen a contratación do dominio, cunha promoción durante este mes, a metade de prezo.

Hoxe, a Xunta anuncia que, progresivamente, todos os seus dominios iranse trasladando ao .gal de xeito progresivo. Xa hai máis de 2.000 dominios. O do noso IES é un deles.

ieslucus-gal

Día do Libro-Materiais

Xa temos aquí o material das actividades sobre o Día do Libro deste ano. Están tamén en formatos diversos para que cada quen escolla o que máis lle guste.

En primeiro lugar, sobre a “Exposición de Profesores-Autores” e, en segundo lugar, a outra “Exposición sobre a conmemoración dos 400 anos da segunda parte de “El Quijote”, na que se poñían en relación textos da obra a carón das esculturas de Suso de Marcos (a quen dende aquí agradecemos enormemente que nos permitira usar imaxes de parte da súa obra para  a exposición). En ámbolos dous casos, temos unha imaxe estática que ao premer nela se despregará un libro virtual para podela ver o contido de calquera das exposicións con máis vagar.

Poster-antonioCartel Día do Libro

Da segunda das exposicións tamén temos un vídeo, que é o que segue.

Finalmente, a Guía de Lecturas que editamos para ese día, con novidades que presetntamos para ese día, algunha das cales foi petición do alumando, e que se poden coller nos estantes da nosa Biblio.

Día do libro

 

IV Concurso Intercentros

O pasado venres celebrouse o IV Concurso Lucus Intercentros no que os diferentes institutos da nosa cidade escollen un equipo de 1º de BAC que os represente para participar. Este ano o noso IES tivo a fortuna de chegar á final e vencer, realizando un gran papel. Aínda que se podía ver todo o concurso on-line, e algúns compañeiros dos participantes estiveron animándoos dende a televisión do vestíbulo, aquí subimos tan só a final, pero podes ver todo o concurso entrando na folla da Fundación TIC.

Aquí tes o vídeo da final:

E aquí, unha nova sobre o concurso con entrevistas a algúns dos participantes:

Eduardo Galdeano e Günther Grass, in memoriam.

Hai uns días, o día 13, morreu Eduardo Galeano. Case ao mesmo tempo que Günther Grass. Ámbolos dous por diferentes circunstancias e con diferentes matices eran dous referentes literarios e éticos. Estabamos preparando unha nota de homenaxe mais o tempo corre e non dá tregua e a realidade imponse.

Pouco despois de morreren eles, produciuse o naufraxio preto da illa de Lampedusa. E onte mesmo, a morte en forma de sismo preséntase en Nepal. As cifras son grandes. Primeiro 1.700; 2.000 despois. Xa van 4.000. Resulta difícil falar de literatura ou de libros en semellantes condicións. Pero dicía un escritor que a literatura é máis real que a realidade.

Como homenaxe ás vítimas de ámbolos dous sucesos, nada mellor que un pequeno fragmento do “Libro dos abrazos“. Chegamos a el por medio do blogue dunha profesora de Lugo que nos gusta (Dale a la lengua“). O fragmento é moi curtiño e titúlase “Los nadie“. “Nadie” son os indocumentados que arriscan a vida para chegaren a este paraíso que se chama Europa e “nadie” son os que perderon as casas e/ou a vida no Nepal.

los nadie

Como remate, podedes escoitar ese mesmo anaco na voz profunda e rouca, e agarimosa tamén, de Galeano no seguinte vídeo. É toda unha clase maxistral de como declamar un texto. Resulta difícil non conmoverse.

23 Abril-Día do Libro

Este ano, na data da conmemoración do Día do Libro, presentamos dúas exposicións que se complementan e que podemos ver no vestíbulo. Así temos, realizada polo Departamento de Xeografía e Historia, a exposición de “Profesores-autores do Lucus Augusti” na que podemos ver un feixe de fotografías, unha pequena escolma biográfica e varias obras dalgúns dos persoeiros que foron profesores, historicamente, do Centro. Moitos deles, pola súa antigüidade, serán descoñecidos pero hai outros, que aínda que xa mortos, deixaron unha pegada importante no seu campo de coñecemento como Luciano Penendo, ou Amable Veiga. Porén, todos foron parte da historia do noso centro e relevantes por algún motivo.

Poster-antonioPor outra banda, e xa máis centrada co momento actual, quixemos conmemorar o 400 aniversario da segunda parte de “El Quijote”. Así, amósanse un feixe de láminas da obra de “Suso de Marcos“, escultor galego orixinario de Boimorto e que, actualmente, reside en Málaga, e que amablemente nos permitiu empregar as imaxes da súa obra. Presentámolas a carón dun pequeno texto desta segunda parte do Quijote, que é a a clave para a interpretación da lámina. De momento, deixamos o cartel anunciador e un tríptico sobre as láminas. En breve, igual que coa exposición anterior, teremos un vídeo para facer un pequeno percorrido visual polas dúas exposicións.

Cartel Día do LibroAquí temos o tríptico. Premendo sobre a imaxe, xurdirá un .pdf coas láminas da exposición.

tríptico

22 de abril. Día da Terra

Hoxe, 22 de abril, celébrase a nivel internacional o “Día da Nai Terra“. A historia da conmemoración arrinca cando un activista e senador norteamericano chamado Gaylord Nelson, xunto con outras persoas e grupos, aló polo 1970 organizou unha manifestación para presionar ao goberno norteamericano para que este prestara máis atención ao coidado e preservación do medio ambiente. Tras ir reunindo, paseniño, o apoio de máis de 2.000 universidades, máis de 10.000 centros de primaria e de secundaria, e unha moitedeume de asociacións e grrupos, o goberno estadounidense rematou por crear a “Environmental Protection Agency” (EPA) -Axencia de Proteción Ambiental-, que hoxe segue a existir.

Non será até o ano 2009 que a ONU crea este “Día Internacional da Terra” para que a data sirva de concienciación sobre problemas como a destrución da biodiversidade, a superpoboación ou a contaminación. E dende entón celébrase con desigual apoio a nivel internacional. Premendo aquí, accederás á folla da ONU coa mensaxe do Secretario Xeral da ONU para este ano e onde se fala dos “Antecedenetes” desta data.

Aínda máis nos sorprendeu atopármonos, hoxe, que Google tamén conmemoraba esta data cun dos seus “doodles”. É o que temos na imaxe inferior. Se premes nel, chegas a un cuestionario onde se xogaba, por medio das respostas, a ver con que animal temos máis semellanzas e nos identificamos máis. Probádeo porque é bastante coñero.

Doodle-dia terra 2015

Igualmente, se premes na seguinte ligazón de “La Voz de Galicia“, accedes ao apartado de “A Voz da Escola” onde aparecen uns poemas de Gabriela Mistral e Antonio Machado e dun indíxena canadiano sobre o que representa o planeta.

Finalmente, aquí tamén podes ver un impresionante vídeo, creado por imaxes da NASA, no que se pode ver a enorme variedade de fenómenos presentes neste barco no que todos estamos a navegar.

Xogos matemáticos-2

wordle mate

Aquí presentamos a segunda parte dos materiais da exposición dos “Xogos Matemáticos“. Se na anterior tiñamos unhas fotos dos alumnos experimentando cos xogos e intentando conseguir as figuras xeométricas e outras actividades, nesta nota podemos ver unha imaxe do panel coas lecturas recomendades, tamén a Guía de Lectura específica e un nubeiro de palabras sobre as matemáticas, que é a imaxe que encabeza esta nota. E para rematar, un vídeo que realizamos sobre o conxunto da exposición.

proba

tríptico

E por fin o vídeo.

Puxemos un vídeo pero tiñamos máis…

La Princesa de los lobos

Aquí presentaremos os comentarios do “Clube de Lectura” sobre o libro “La princesa de los lobos“.

princesa lobos

LA PRINCESA DE LOS LOBOS.
Cathryn Constable, Editorial La Galera (2013).


Este é o comentario realizado por Sofía Santos Ulloa (2ºESO-D).

Sinopsis: Sophie es una niña huérfana, a la que su tía, quien debería estar a su cargo, introduce en una escuela interna. Ella sueña con viajar a Johannesburgo, y cuando por fin lo consigue, se ve envuelta en una trama de misterio y peligro, en la que unos apreciados diamantes, además de su vida, estarán en juego.

“Para mí, la redacción en este libro es agradable, así como los principales aspectos que todo libro debe tener -descripción, diálogo, narración-. Pero, en cuanto a la trama, no veo demasiada relación entre el título y la historia; además, la portada y la sinopsis dan una imagen equivocada del libro. Aunque es coherente, e incluso divertida, hay momentos en los que los hechos ocurren muy rápidamente, sin dejar tiempo a que el lector los asimile.

En el campo de los personajes, el lector no se familiariza lo suficiente con la protagonista antes del desenlace como para llegar a sentir sus propias emociones. Esto implica también que los personajes se muestren fríos y sin un carácter determinado. Hasta las cincuenta últimas páginas no ocurre nada verdaderamente importante, como consecuencia de una falta de acción durante casi todo el libro, y en diversas ocasiones se dejan misterios sin desvelar.

Pero no todos los comentarios van a ser negativos. El final es interesante e inesperado, y hace pensar a los lectores en una segunda parte. Recopilando toda esta información (y tirando por lo alto), mi nota final es un 5″.

E aquí temos o de Cristina Quintela Vega (2ºESO-D).

Sinopsis: La princesa de los lobos es una novela que trata sobre una huérfana, Sophie, que desea con ansias ir a un viaje a Rusia, pero no cree que lo conseguirá porque solo pueden ir los mayores, hasta que una misteriosa mujer le pide a su profesora que la lleve a Rusia acompañada de sus compañeras Delphine y Mariane. En Rusia vivirá nuevas experiencias para ella y descubrirá misteriosos secretos sobre la familia Volkonski.

En mi opinión, la trama del libro empieza demasiado tarde y las primeras cien páginas (aproximadamente) se hacen bastante pesadas, ya que explica algunos datos irrelevantes. Además, las partes importantes sucedían demasiado rápido y con pocos detalles y algunas parteseran muy confusas.

Lo que me pareció que estaba muy bien del libro era que está muy bien redactado y las descripciones, tanto de personajes como de lugares, son bastantes amplias, por lo que es fácil imaginarse las situaciones. El final era intrigante y yo, personalmente, no me lo esperaba, así que me pareció que era original.

Con todo esto, yo le daría un 5,5 de nota, pero si hubiera mejorado algunos detalles, le hubiera dado más nota porque la trama me pareció muy interesante.

Exposición Matemática

Durantes os días anteriores e posteriores ás vacacións de Semana Santa,  o Departamento de Matemáticas expón no vestíbulo do noso centro Exposición MATEMÁTICAS EN XOGO.

Trátase dunha colección de xogos matemáticos cos que se pretende que os alumnos se aproximen ó quefacer matemático dunha maneira lúdica, formulándolles  distintos desafíos: puzzles, xogos de estratexia, curiosidades topolóxicas, etc.  con diferentes niveis de  dificultade. Cada xogo  vén  acompañado dun póster  e  dunha ficha explicando as instrucións para realizalo.

Preténdese,  en definitiva, que  verbos como comprobar,  explorar,  conxeturar, deducir, organizar, razonar, pensar, que son os propios da actividade matemática por excelencia, que é a resolución de problemas, se conxuguen  durante estos días no Instituto nun ambiente alegre e informal que lles descubra aos alumnos que coas matemáticas tamén se pode disfrutar.

A exposición é unha renovación da  creada, no ano 1990, polo grupo LU.A  integrado polos seguintes profesores: Xosé Fraga Vila, Antón Gonçalves Quintela, Ricardo Lamela Castro, Xosé Méndez Seijas, Elisa Peña Vázquez, Marina Puente Prados e Marcelino Sampayo Ruíz.

E sen máis, velaí tedes unhas imaxes de todo o que se pode ver e probar.

Recomendación: Os Megatoxos e o aprendiz de druída

Aquí presentamos a recomendación de Juan Álvarez Ruiz de 1ºESO-C.

megatoxosMandáronme este libro para ler no instituto. Ao empezar a lelo non me gustou moito, pero ao ir avanzando cada vez gustábame máis, pois cando a historia avanzaba máis acción e diversión había.

É un libro non moi grande pero si interesante e divertido para calquera neno.

« Entradas anteriores Entradas seguintes »

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz