Un outro blogue en galego de Wordpress

Categoría: Curso 2009-2010

Día das Letras 2010-2

Para conmemorar a Uxío Novoneyra, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística recolle na súa web, unha morea de ligazóns con materiais de todo tipo sobre o poeta e organizadas por etapas educativas. Se queres botar unha ollada,  preme na ligazón ou na imaxe.

A maiores, presentamos un fragmento de vídeo de Youtube, no que Uxío Novoneyra declama, coma se fose o bardo dunha tribo castrexa, un poema titulado “Vietnam canto“. É a súa voz e o seu poema.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/cGBHtVirQyQ" width="500" height="400" wmode="transparent" /]

Por outra banda, unha asociación de amigos do escritor, presenta unha web onde ademais de información, fotos e diversos documentos, centralizan os actos de homenaxe destes días nos que, como ocorre tantas veces, o apoio oficial “brilla por su ausencia“.

Día das Letras 2010

Hoxe, tráigovos unha presentación realizada polo Equipo de Normalización Lingüística do CPI Progreso de Catoira que ten como protagonista a Uxío Novoneyra que, como sabedes é o autor que se conmemora o “Día das Letras”. Visualmente é moi atractivo e curiosos. Que opinas?

[kml_flashembed movie="http://www.slideboom.com/player/player.swf?id_resource=165629" width="500" height="400" name="onlinePlayer" type="application/x-shockwave-flash"" width="500" height="400" wmode="transparent" /]


Que é ser “gallego”?

Levaba varios días coa nota anterior no forno e xa me corría présa pois pasaba o tempo. Xusto vén de aparecer a última -derradeira?- alusión que corre pola rede referida a unhas declaracións de Rosa Díez, principal representante dun partido político chamado UPyD, e que é segundo a última enquisa do CIS (Centro de Investigacións Sociolóxicas) a política máis valorada neste momento en España, por diante do Presidente de Goberno e do Presidente do principal partido da oposición.

Bueno, pois o tema está en que o pasado día 23 en “Cuatro” fanlle unha entrevista relativamente ampla e, nun momento dado, pídeselle que realice un xuízo de valor, precisamente sobre os dous políticos antes mencionados. Dende ese momento, a rede, o Tuenti, o Facebook comeza a arder. En torno ao minuto 5, do vídeo que de seguido aparece tes a clave.

Ti que opinas?

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/7_2CrYs0VY4" width="500" height="400" wmode="transparent" /]

Hai un sentido desta palabra? Despois dos últimos cambios no significado da palabra no “Dicionario da Real Academia de la Lengua Española”, que quere dicir a palabra “gallego“. Pica no concepto e o saberás.

Orgulloso do galego

O pasado día 15 celebrouse a Gala por excelencia do cine español: os Premios Goya. Todo o mundo, quen máis ou quen menos, ten visto algunha ou moitas das películas alí propostas e, nos días seguintes, ten comentado coas amizades ou cos compañeiros sobre se esta “peli” estaba ben ou se aquel premio estaba mal.

Mais na Galiza, e noutros mundos fóra dela, moita xente estaba a laricar sobre a intervención de Luís Tosar. Si ho!  O Tosar, xa sabes. Aquel rapaz de Cospeito -non de Xustás, que dicía el-, que estudou no Feminino de Lugo, que debecía por facer Teatro polas tardes, o de “Mareas Vivas”.

Non se falaba tanto do premio -todo aquel que viu “Celda 211”  tiña claro que ía gañar por goleada- como de que ao final da súa intervención pronunciou unha parte dos agradementos á súa xente en Galego. Nos momentos en que hai unha certa controversia sobre o papel das linguas -da nosa lingua-, el tivo a ousadía de empregar esta lingua que aínda resiste, en toda unha gala do cine español. En horario  de “prime time”; que se di así, seica.

Mais o mellor de todo sabedes que foi? Que alí estaban o noso Presidente da Comunidade Autónoma e o seu Conselleiro de Cultura. Unha mágoa que como eles non tiveron premio, non os sacaron na tele. Non por nada, tan só por ver a cara que poñían fronte á devandita intervención lingüistica.

Aquí podes ve-lo vídeo, se é que aínda non o viches.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/JyXT-kL4vu0" width="500" height="400" wmode="transparent" /]

25 de Novembro- Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Hoxe damos comezo á primeira nota deste blogue da Biblioteca do noso centro, o IES “Lucus Augusti” de Lugo. E tamén queremos comezar atendendo a unha das conmemoracións máis relevantes destes días . Falo do Día Internacional contra a violencia de Xénero. Para nos facer partícipes de tal efeméride, presentamos unha presentación realizada polo equipo da Biblioteca do  IES “Sánchez Cantón de Pontevedra.

25 novembro 2009-Violencia de xénero

De seguido, tes unha presentación creada polo IES de Teis que tamén resulta espectacular. Hai que ter un pouco de paciencia pois tarda algo en cargar pero paga a pena a espera.
Agora ben, non é un fenómeno exclusivamente galego, nin español nin europeo tan sequera. Aquí tes un fregmento da campaña que sobre este tema están a facer en México.

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/bzxzAWu2_MY” width=”500″ height=”400″ wmode=”transparent” /]

Amosámosche como exemplo esta campaña de México porque os poderes públicos non sempre fan ben as cousas. Para mostra ben vale un botón. Non hai máis que ler esta noticia aparecida recentemente no xornal “El País” na que se fai referencia a un feito sangrante: o asasinato e desaparición de mulleres en Ciudad Juárez (México). Se queres consultalo, preme na fotografía.

Fotografia_Claudia_Ivette_asesinada_Ciudad_Juarez

Hoxe en día, aquí, hai unha certa conciencia social e este tipo de violencia comeza a ser rexeitado socialmente. Pero séguense a producir casos. Sería desexable non ter que facer máis campañas destas. Mentres tanto, é ben lembrar que é responsibilidade de todos rematar con esta lacra. Ti que opinas?

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz