Un outro blogue en galego de Wordpress

Categoría: Club de Letras (Page 2 of 2)

Encontros literarios

Nuns poucos días, organizado polo Club de Letras, Mercedes Oliveira Malvar xunto con Amada Traba Díaz, ofrecerán unha nova conferencia titulada “Ámame”, dentro do ciclo que demos en chamar “Encontros literarios” na que presentarán o seu último libro titulado precisamente así: ám@me. Pensar o amor no século XXI

Proximamente, subiremos os vídeos da conferencia para achegárllelos a todos aqueles que non puidesen asistir.

Conferencia con Carlos Taibo

O pasado día 3 deste mes, celebrouse no Salón de actos do noso centro, unha conferencia na que Carlos Taibo, disertou sobre os principais aspectos do seu recente libro “Anarquistas y libertarios. De aquí y de ahora“.

A conferencia, organizada polo noso Club de Letras se abriu a todo o público e contou cunha importante afluencia de público que ao final tivo tamén a posibilidade de formularlle múltiples cuestións. Veleiquí témo-la gravación da conferencia.

Carlos Taibo: “Anarquistas e libertari@s de aquí y ahora”

25-N

Con motivo da conmemoración do 25-N, Día internacional contra a violencia de xénero, dúas das nosas alumnas de 1ºBAC, Noa Palmeiro e Noelia Rego, que pertencen ao Grupo de Coeducación do Club de Letras, leron un manifesto sobre esta data na que seguimos a protestar contra a violencia que se exerce contra as mulleres.

Manifesto do 25 de novembro no IES Lucus Augusti

Aquí tedes o Tríptico que vos ofrecemos para conmemorar esta data. Pódese descargar en formato pdf premendo na imaxe

25 de novembro * IES Lucus Augusti

Charla: Violencia de xénero

Se o outro día falabamos da creación do “Club de Letras” no noso centro, hoxe volvemos falar del pois xa comezando a funcionar. Así, organizan para o vindeiro 18 de novembro, entre as 16 e as 17’30 horas, no Salón de Actos no noso centro haberá unha charla na que Sandra Piñeiro (xuíza) e Marta Engroba (Presidenta da Asociación “Si, hai saída“, falarán sobre o tema da “Violencia de xénero“.

Faladoiros feministas

A penas vimos de comentar a creación do “Club de Letras” e xa comezan as primeiras actividades organizadas por el. Este ano, a temática común vai se-lo feminismo e xa está organizada a primeira conferencia.

O venres 25, ás 20’00 horas, no Salón de Actos, visitaranos os “Faladoiros Feministas” e, dentro da programación, contaremos con Eliana Martins que nos ofrece a conferencia titulada “Xornalismo con lentes moradas: xénero e comunicación

Club de Letras

Era unha queixa que viñamos escoitando hai tempo, que unha parte do noso alumnado dicía que tódalas actividades se facían para os compañeiros que cursaban Ciencias, e que para eles non había nada. Xa non o poderán dicir máis.

Este é o logotipo do “Club de Letras” do noso IES. Coa participación do profesorado e de parte do alumnado, xa comezou a da-los primeiros pasos. Xa se organizou unha conferencia; a seguir irán máis e, mesmo, xa estamos a preparar un espazo específico na Biblioteca.

Se che interesa, non tes máis que apuntarte. Podes ter máis información, nesta ligazón.

Newer posts »

© 2023 bibliolucus

Theme by Anders NorenUp ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz