bibliolucus

Un outro blogue en galego de Wordpress

Categoría: 175 aniversario

Placa da Orde Civil de Afonso X, o Sabio

O noso centro vén de recibir este pasado luns, 4 de febreiro na sé do Ministerio de Educación e Formación Profesional, de man da ministra, Isabel Celáa, a  Placa de Honra da Orde Civil Afonso X o Sabio. En total fomos 6 centros os homenaxeados, dos cales 2 eramos galegos e, no noso caso, débese á recente conmemoración do 175 aniversario da creación do centro e á aportación durante este tempo á vida cultural e educativa de Lugo e da provincia.

Pódese ampliar a información premendo nas seguintes ligazóns:

Recomendacións para o verán

Xa rematando este curso, presentamos as nosas recomendacións para o verán. Dado que levamos todo o ano adicado á conmemoración do 175 aniversario, pensamos que sería boa idea, para pór o punto final, presentar as capas das obras recomendadas sobre o edificio do noso centro. Velaí tedes o resultado.

Bo verán.

© 2019 bibliolucus

Theme by Anders NorenUp ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz