Xa avisamos no seu día: isto terá secuelas.
Para os que non se tiveran enterado, o pasado mes de marzo, neste mesmo blogue presentamos as curtametraxes creadas por alumnos da materia Cine e Sociedade de primeiro de BAC. Dúas desas obras participaron no Festival de curtametraxes Olloboi 22.

Sen máis alforxas ca súa creatividade, Guilherme da Silva, Andrea Pérez Montero de 1ºBAC B e Ana Fernández Castro de 1º BAC C, presentaron os seus traballos a concurso, dúas historias que teñen na anguria e o medo un denominador común.
O festival Olloboi, ven de celebrarse dende o ano 2009 e en 2020 recibiu o premio Xosé Sellier que outorga a Academia Galega do Audiovisual. Das máis de cen obras presentadas a concurso, pasaron á final nas categorías de mellor guión, mellor imaxe e mellor actuación.

Parabéns! Todo un éxito que compartimos con el@s. Aquí hai futuro, aquí hai canteira.

Premendo sobre as imaxes podes ver os dous vídeos. E se queres recuperar tódolos vídeos anteriores, pódelos ver aquí.

Vídeo “Na parede”, de Ana Fernández Castro
Vídeo “O meu berro”, de Andrea Pérez Montero e Guilherme da Silva
Please follow and like us: