É moi reconfortante comentar a charla que o pasado xoves 12, impartiu un antigo alumno do centro,  Héctor Salvador Fouce, titulada:”Exploración tripulada dos últimos confíns do planeta. Baixada á Foxa das Marianas”, dentro do programa de actividades Stembach.

Este lucense, comezou a súa carreira profesional na Axencia Espacial Europea como Enxeñeiro Aeronáutico, pero a primeira vez que se mergullou no mar decidiu dar un xiro radical e dedicarse á exploración dos océanos como piloto e enxeñeiro de submarinos tripulados. Nos dez anos que leva no sector, acumula mais de 2.000 inmersións en tódolos mares do planeta, entre as que destaca o descenso ó Abismo da Serea na Fosa das Marianas a 10.706 metros de profundidade, converténdose no primeiro español en chegar ó máis profundo do noso planeta.

Héctor é director de operacións de Triton Submarines EMEA, consultor marítimo da Real Liga Naval Española, Académico correspondente da Real Academia de la Mar, numerario da Real Sociedad Geográfica e membro do Explorers Club de Nova York.

Xustamente o ano pasado, a revista dixital GCiencia, presentaba un artigo sobre o descenso á fosa das Marianas que podedes ler, premendo na seguinte ligazón.

Por problemas técnicos, non puidemos grava-la conferencia pero vos deixamos un vídeo dunha conferencia semellante que deu en novembro do ano pasado en Oviedo, na súa Semana da Ciencia.

Encuencto Informativo Semana de la Ciencia en Oviedo (12 de novembro de 2021)
Please follow and like us: