Un outro blogue en galego de Wordpress

Centenario de Celso Emilio Ferreiro

Cando se cumpren 100 anos do nacemento dun dos poetas máis relevantes da nosa literatura, Celso Emilio Ferreiro, aquí está a nosa particular homenaxe na que un feixe de alumnos participaron no programa “O son da nosa fala” da Cadena SER, levando a cabo unha lectura de poemas do poeta celanovés.

Coas fotos recollidas durante o acto, fixemos esta pequena montaxe, acompañada dos primeiros versos do poema “Longa noite de pedra“, na voz de Elena Jorreto. Nos créditos tendes unhas ligazóns por se queredes máis infomación.

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/04/Celso-Emilio-Ferreiro1.swf” width=”500″ height=”400″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]

Please follow and like us:

2 comentarios

  1. José Mª

    Enhora boa pola magnífica intención de revitalización da poesía de Celso Emilio. Con él fixémonos no poemario galego os rapaces do meu tempo, nos anos 70. Leelo foi unha máxica sensación digna somentes da xente simbolicamente libre e apertada a dignidade, cousa que aiquí ainda facíase difícil e infrecuente. Escoitar a “Longa noite…”, o poema simbólico por excelencia, chámanos, de novo, a mergullarnos nos aires de Celanova, nos aires de Curros, nas pedras do mosteiro e a recuncharnos na queda eirexa de S. Miguel. Pero, sobremaneira, no recordo da quietud osificada e exangüe do momento histórico da dicatadura. A nova xente debe leelo, así revive e respira Celso Emilio, en Celanova, na Virxe do Cristal e nos Infantes…

  2. maghoi

    Grazas polo comentario.
    Alegrámonos que che gustara.
    O certo é que este labor, ás veces ingrato, tamén ten noutras ocasións a súa recompensa. Non material, está claro, pero si en forma de ver medrar á nosa xente. Ver os ollos acesos, brillantes e quedos, esa é a nosa recompensa.

Deixa una resposta a José Mª Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz