Nos pasados días, celebrouse conxuntamente entre os Departamento de Alemán do  IES “Nosa Señora dos Ollos Grandes” e o noso, o IES “Lucus Augusti”, un acto no  que se conmemoraba o 25 aniversario do derrubamento do Muro de Berlín.

Para a ocasión, os alumnos de alemán de ámbolos dous institutos crearon, con caixas de carton decoradas con debuxos alusivos ao feito, un “muro virtual” que foi tamén derrubado simbolicamente.

A xornada de actividades, que foran recollidas polas cámaras da Televisión de Galicia, completárase coa lectura dun manifesto e co visionado no Salón de Actos do noso Centro dunha presentación na que se aludía ao “muro” que no pasado separaba o patio dos dous institutos e que mantiña aos rapaces separados das rapazas (de aí a denominación coloquial dos dous institutos como “masculino” e “feminino”). Aínda que semella algo antigo e xa pasado, non hai que esquecer que, na actualidade, existen colexios privados que manteñen esta separqación de xénero.

Finalmente, presentamos unha montaxe feita con imaxes da ocasión xunto con outras imaxes de orixe televisiva do derrubamento do muro orixinal.

Please follow and like us: