Un outro blogue en galego de Wordpress

Tariq Alí- “A la sombra del granado”

Novela apaixoante e estremecedora, A LA SOMBRA DEL GRANADO é a crónica dun desgarramento: o dos musulmáns que permaneceron nas súas terras tras a culminación da Reconquista en 1492 e aos que o decreto de conversión promulgado dez anos máis tarde levouá diáspora, ao ocultamento ou a unha frustrante decisión. A través dos avatares dunha familia morisca do reino de Granada, Tariq Ali pinta un fresco inolvidable desos días decisivos nos que, cun telón de fondopresidido pola siniestra figura do cardeal Cisneros, as fogueiras inquisitoriais, espías, intrigas e escaramuzas, á luz dunha civilización espléndida esmorece lentamente.

O autor, Tariq Alí, é un escritor, director de cine e historiador de orixe paquistaní que tras loitar, cando era estudante, contra a ditadura paquistaní foi enviado a Londres. Ten escritas varias novelas mais tamén varios libros sobre o fenómeno do “yihadismo”. Colabora con artigos na prensa británica, sobre todo, en cabeceiras como The Guardian, pero tamén en diversos medios críticos como Rebelion.org e outros varios.

Please follow and like us:

2 Comments

  1. Ía

    Unha historia xenial, que nos achega a unha nova perspectiva dun feito historico moi coñecido, moi estudado, pero case sempre desde o outro “lado”. Foi, para min, un libro revelador. Recoméndovolo!

  2. maghoi

    Pois haberá que lle botar unha ollada.

Deixa una resposta a maghoi Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

© 2020 bibliolucus

Theme by Anders NorenUp ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz