Como conmemoración nesta data do 10 de Decembro, Día Universal dos Dereitos Humanos, aproveitamos unha Exposición fotográfica de Gervasio Sánchez -organizada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte- que está a percorrer a xeografía española e que comezou en Madrid e rematará no vindeiro mes de abril. Nós, seleccionamos un feixe desas fotografías para levar a cabo a nosa particular exposición durante esta quincena.

Por que Gervasio Sánchez? Por que é un recoñecido recporteiro fotográfico que ten recibidos un monte de premios (o Ortega e Gasset no 2008, ou  o Nacional de Fotografía en 2009, entre outros moitos) e que adica gran parte do seu traballo e da súa vida, a pórnos diante da nosa face aquilo que moitas veces non queremos ver. Precisamente, como demostración do seu compromiso coa defensa dos Dereitos Humanos, protagonizara unha coñecida polémica no momento de recoller o premio “Ortega e Gasset”, pois puxo en envidencia a dobre linguaxe que en ocasión se emprega nas democracias occidentais: por unha banda, hai grandes parlamentos na defensa dos dereitos humanos e, por outra, somos os principais vendedores de armas do mundo.

Empregaremos, pois, parte dos seus materiais para tratar nas Titorías ou noutras materias varias cuestións relacionadas con esta conmemoración. Estes materiais son os que están expostos tamén nos paneis do vestíbulo e aquí presentamos unha pequena escolma gráfica  que é a que sigue:

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/12/10-decembro1.swf” width=”470″ height=”350″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]

Tamén deixamos en formato PDF, os seguintes complementos:

  • A presentación impresa en formato PDF da exposición do noso vestíbulo.
  • O discurso da entrega do premio “Ortega e Gasset”.
  • Premendo no título, poderás ver o traballo nun seu blogue titulado “Os desastres da guerra“.
Esperamos que vos sexa de proveito.
Please follow and like us: