Para acceder ao CATÁLOGO DE COLECCIÓNS pique aquí ou na fotografía.

lanterna-maxica

Por ese nome era coñecido o epidiascopio, antecedente do proxector de diapositivas. A imaxe corresponde con un dos que posee o IES LUCUS AUGUSTI; neste caso funcionaba cunha lámpara de aceite. O centro conta tamén cunha colección de arredor de mil placas de cristal (antecedente das diapositivas) empregadas no devandito proxector.
A biblioteca do instituto, a través da páxina web do centro ieslucus.gal e deste mesmo blogue da Biblioteca quere dar a coñecer a dixitalización de tódalas placas. Algunhas están en mal estado pero polo seu interés tamén foron incluídas.
Ao remate das coleccións incluímos un conxunto de negativos e positivos en cristal. Os positivos en tono azulado son conseguidos coa manipulación en Phtoshop, para, deste xeito,  poder contempla-la imaxe negativizada